CRTVG

Buscar

O Parlamento Europeo decide sobre a inmunidade de Puigdemont

Publicado o 08/03/2021 16:58

O Parlamento Europeo vota se deixan sen inmunidade o expresidente catalán Carles Puigdemont. Se iso ocorre, podería ser xulgado en España.

Teñen que decidir se aceptan o suplicatorio enviado polo Tribunal Supremo para poder xulgar a Puigdemont en España polo seu papel no 'procés', como recomendou a Comisión de Asuntos Xurídicos da Eurocámara.

Os deputados votarán á última hora da tarde, pero o resultado non se coñecerá ata mañá, cando o reconto sexa anunciado pola presidenta ao inicio da sesión. E a decisión non só afectará a Puigdemont. Tamén os eurodeputados de Junts per Cat Toni Comín e Clara Ponsatí.

 

 

Noticias web

08/03/2021