CRTVG

Buscar

O Parlamento Europeo condenará a Marrocos por usar menores con fins políticos na crise de Ceuta

Publicado o 09/06/2021 21:08

Este xoves, o Parlamento Europeo condenará o uso con fins políticos de menores por parte de Marrocos na crise de Ceuta. A resolución condenatoria sae dun acordo entre os catro grandes grupos da Eurocámara. Populares, Socialdemócratas, liberais e Verdes asinan un texto que rexeita o uso por parte de Marrocos do control das fronteiras e da migración.

A resolución sinala que Rabat se aproveita de menores non acompañados como presión política contra España, un Estado Membro da Unión. Segundo o Parlamento Europeo, Marrocos violou a Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos da infancia. E sinálase directamente a que o fixo na recente crise migratoria de Ceuta.

Malia a represión que a monarquía alauí practica de xeito frecuente contra a súa propia poboación en reivindicacións democráticas ou económicas, a UE leva sen denunciar as prácticas de Rabat dende 1997.

Noticias web

09/06/2021