CRTVG

Buscar

O Parlamento estrea distribución tras a rutura de En Marea

Publicado o 09/07/2019 18:19

Derradeiro pleno deste curso político no Parlamento de Galicia. Atopamos unha nova imaxe, cun novo reparto de forzas dentro do hemiciclo. A novidade no pazo do Hórreo é que xa se visibilizou a fractura de En Marea. Os 4 deputados que marcharon ao Grupo Mixto, encabeado por Luís Villares, quedaron desprazados nas bancadas máis afastadas do hemiciclo, o que se coñece coloquialmente como o 'poleiro'.

O lugar que ocupaba antes Luís Villares ten agora como inquilino o novo voceiro de En Marea, Manuel Lago. Uns e outros seguen rifando pola marca, polo nome. Luís Villares insiste en referirse ao seu Grupo Mixto como En Marea. O presidente do Parlamento tivo que recordarlle en público que xa non pode facer uso dese nome.

 

Noticias web

09/07/2019