CRTVG

Buscar

O Parlamento di que non se pode votar o mesmo plan do 'brexit' outra vez

Publicado o 18/03/2019 20:00
O Parlamento di que non se pode votar o mesmo plan do 'brexit' outra vez

O Parlamento británico bloquea unha terceira votación do acordo do brexit se non hai cambios substanciais na proposta. O presidente da institución advírtelle a Teresa May de que só será posible votar se o Goberno presenta unha proposta nova á que a semana pasada rexeitou o Parlamento.

Polo momento, May non se pronunciou. A primeira ministra británica negocia contra o reloxo co Partido Conservador e co Partido Democrático Unionista para que intentar que cambien a súa postura e apoien as condicións que o Executivo acordou coa Unión Europea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/03/2019