CRTVG

Buscar

O Parlamento de Galicia súmase á campaña do Euromelanoma

Publicado o 26/06/2019 14:43

Estamos en plena campaña do Euromelanoma, orientada a concienciar a sociedade sobre a importancia da detección precoz deste cancro cutáneo. Unha campaña á que se sumou o Parlamento de Galicia.

O presidente da Xunta, acompañado polo presidente do Parlamento e o conselleiro de Sanidade, visitaron os participantes nesta iniciativa, impulsada por unha rede de dermatólogos europeos para promover a prevención, diagnose precoz e tratamento do melanoma.

A xornada foi coordinada polo xefe do Servizo de Dermatoloxía da xerencia de atención integrada de Santiago.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019