CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O Parlamento de Galicia mostra o seu apoio ao reinicio das conversas entre Cuba e os Estados Unidos

Publicado o 13/04/2016 21:14
O presidente do Parlamento de Galicia leu hoxe unha declaración institucional na que a Cámara mostrou o seu apoio ao reinicio das conversas entre Cuba e os Estados Unidos, na que se avoga polo remate do bloqueo á illa.

Ademais, o Parlamento aprobou por unanimidade pedirlle á Xunta que se estude que o Sergas financie os selados, os empastes e as limpezas bucais a toda a poboación adulta, como xa se fai cos nenos. O grupo popular aprobou en solitario pedir que se estenda a todas as áreas do Sergas o programa de detección precoz do cancro colorrectal, e un programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia machista. Tamén saíu adiante, por unanimidade, unha proposta do BNG para que a Xunta participe na xestión de Navantia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

13/04/2016