O Parlamento vota a solicitude de cesamento da valedora do pobo
Publicado o 29/04/2019 14:35
Hoxe o Parlamento de Galicia debaterá e votará a solicitude de cesamento da valedora do pobo, Milagros Otero. Será nunha sesión extraordinaria impulsada pola oposición.
O Partido Popular aínda non avanzou a súa postura, pero serán necesarios os seus votos para provocar a saída de Otero.
Ela puxo o seu cargo a disposición da cámara, pero vincula a súa renuncia a que os grupos parlamentarios acorden unha substitución.