CRTVG

Buscar

O Parlamento de Galicia acolle un pleno infantil organizado por Unicef

Publicado o 22/11/2019 14:57

Preto de cen alumnos de varios colexios galegos ocuparon hoxe os escanos que habitualmente ocupan os deputados galegos. Son os participantes do sétimo Foro de Participación Infantil, organizado por Unicef con motivo do 30 aniversario da convención de dereitos do neno. Un acto en que os pequenos voceiros aproveitaron para lembrar que as institucións deben protexer os máis vulnerables e garantir a igualdade infantil. Os nenos presentaron propostas en materia de educación, protección, cambio climático e loitra contra a pobreza.

O peche do pleno infantil correu a cargo da directora xeral de Familia, que lles agradeceu aos pequenos a súa participación e as ideas que puxeron enriba da mesa para tentar mellorar as condicións de vida dos nenos de todo o mundo. Prometeu que tomará boa nota de todas elas.

Noticias web

22/11/2019