CRTVG

Buscar

O Parlamento de Galicia abordará o luns o cesamento da valedora

Publicado o 23/04/2019 15:33
O Parlamento de Galicia abordará o luns o cesamento da valedora

No Parlamento de Galicia os grupos parlamentarios acordaron esta mañá a celebración dun pleno específico para tratar o cesamento da valedora do pobo. A solicitude, que fora realizada polos grupos da oposición, foi aceptada polo grupo popular. O pleno en que se debaterá o futuro de Milagros Otero celebrarase o vindeiro luns.

A oposición coincide en que o cesamento é ineludible. Os populares defenden que continúe no cargo mentres non se acorde o substituto tanto da valedora como do seu adxunto, elixido polo PSdeG.

Noticias web

23/04/2019