CRTVG

Buscar

O Parlamento dá o seu visto e prace para que os mariñeiros cobren por sacar lixo do mar

Publicado o 13/12/2019 08:47
O Parlamento dá o seu visto e prace para que os mariñeiros cobren por sacar lixo do mar

Os mariñeiros galegos cobrarán polo lixo que retiren do mar. Polo menos, é o que acaba de aprobar o Parlamento galego, instar a Xunta a que elabore programas de recollida de refugallo mariño, e que o que recollan os profesionais sexa remunerado.

A iniciativa foi aprobada por unanimidade na Comisión de Medio Ambiente da Cámara galega. Arestora xa hai varios proxectos en marcha para recoller lixo do mar, pero ningún contempla o pagamento pola retirada.

Tamén se insta a Xunta a aprobar unha partida orzamentaria para isto, antes de que remate a lexislatura.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/12/2019