CRTVG

Buscar

O Parlamento condena que se empregue a expresión "Galicia profunda" de forma pexorativa

Publicado o 26/10/2021 17:27
O Parlamento condena que se empregue a expresión "Galicia profunda" de forma pexorativa

No Parlamento, os tres grupos políticos apoiaron unha declaración institucional para rexeitar as expresións do auto da xuíza de Marbella sobre a custodia dun cativo.

Un dos argumentos da maxistrada era que o neno ía ver limitadas as súas posibilidades se vivía, dicía textualmente, na Galicia profunda, en referencia a unha aldea de Muros.

A cámara galega non entra na decisión da xuíza sobre a custodia do menor. Pero si manifesta que ese tipo de expresións son desafortunadas, ademais de reflectir, din os deputados, un profundo descoñecemento da realidade de Galicia.

Arredor deste debate, o propio presidente da Xunta insistiu no pouco apropiado da expresión da xuíza. Recollendo unha foto súa cando era neno, o presidente recoñécese coma un cativo criado na Galicia Profunda, e con humor remata dicindo "que non lle foi tan mal".

 

Noticias web

26/10/2021