CRTVG

Buscar

O Parlamento catalán desoe o Constitucional e aproba a moción de autodeterminación

Publicado o 12/11/2019 15:47

O Parlamento de Cataluña desafía o Tribunal Constitucional e aproba a moción sobre a autodeterminación. O texto da CUP, que insta a "exercer de forma concreta o dereito de autodeterminación", foi apoiado polos partidos independentistas, e contou coa abstención dos comúns. Ciudadanos, PSC e Partido Popular non participaron na votación, que estaba prevista para esta tarde.

O presidente do Parlament acelerou a súa tramitación para adiantarse á decisión do Constitucional, que case á mesma hora enviaba un correo en que suspendía ese trámite, e advertía por cuarta vez a Roger Torrent.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/11/2019