CRTVG

Buscar

O Parlamento catalán aproba unha comisión de investigación sobre a monarquía

Publicado o 07/03/2019 16:15
O Parlamento catalán aproba unha comisión de investigación sobre a monarquía

O Parlamento catalán aprobou a creación dunha comisión de investigación sobre a monarquía, unha iniciativa que recibiu o apoio de JxCat, ERC, comúns e CUP e a oposición de PSC, PP e Ciudadanos, que instou o Goberno de Pedro Sánchez a levala ao Tribunal Constitucional.

A comisión buscará "investigar as actividades delituosas ou irregularidades de persoas vencelladas coa familia real, incluídas as destinadas a forzar o traslado do domicilio social de bancos, grandes empresas emultinacionais fóra de Cataluña tras o 1-O".  

Tamén abordará as "presuntas contas irregulares" de Xoán Carlos I "en Suíza e outros paraísos fiscais a nome de terceiras persoas", a partir das gravacións da amiga do rei emérito Corinna zu Sayn-Wittgenstein.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/03/2019