CRTVG

Buscar

O Parlamento británico permite unha terceira votación sobre o 'brexit'

Publicado o 28/03/2019 19:15
O Parlamento británico permite unha terceira votación sobre o 'brexit'

O Parlamento británico votará mañá por terceira vez o acordo do brexit. O novo documento só inclue os termos de saída da Unión, e non a declaración política que o acompaña. O Goberno británico salvou así as obxeccións do presidente da cámara, contrario a que se volvese votar un texto xa rexeitado.

May aínda ten que convencer unha vintena de deputados conservadores rebeldes e os seus socios do Partido Unionista norirlandés. Seguen dispostos a votar en contra, a pesar da oferta da primeira ministra de deixar o cargo a cambio de sacar o plan adiante.

Noticias web

28/03/2019