CRTVG

Buscar

O Parlamento imponse a May cando faltan poucos días para a votación do 'brexit'

Publicado o 09/01/2019 08:34

A política británica está marcada polas accións na que é a semana previa á votación definitiva sobre o pacto para abandonar a Unión Europea.

A decisión tomaraa o martes. E onte, a primeira ministra, Theresa May, sufriu un importante revés no Parlamento. 303 deputados fronte a 296 apoiaron unha emenda que bloquea a capacidade económica do Goberno para facerlle fronte a unha saída da Unión Europea sen acordo.

Foi nunha sesión en que debateron os riscos aos que se enfronta o Reino Unido se o día 29 de marzo deixa a UE pola brava, e a mensaxe lanzada ao Goberno de Mai é que o Parlamento está en contra diso, porque consideran que o 'brexit' sen acordo suporía o caos para o país.




 

Noticias web

09/01/2019