O Parlamento aproba unha iniciativa que urxe medidas de apoio a Vestas, con apoio de PP e BNG e abstención de PSOE
Publicado o 26/10/2021 20:55

O Parlamento de Galicia reclama medidas de apoio urxentes para os 115 traballadores da fábrica de aeroxeradores de Vestas afectados por un ERE.A iniciativa, presentada polo grupo popular, pídelle ao Goberno central implicación na mesa industrial e unha transición enerxética xusta . A proposta saíu adiante co voto favorable do BNG e coa abstención dos socialistas que pedían tamén un plan de reindustrialización para A Mariña que non foi aceptado.
Onde houbo unanimidade foi nunha proposta do BNG que pedía que se adopten as medidas necesarias para que as mulleres poidan abortar con todas as garantías nos hospitais públicos galegos.