Aprobado, cos votos do PPdeG, o teito de gasto "excepcional" para o 2022
Publicado o 03/08/2021 12:30
• BNG e PSdeG acusan á Xunta de recortar o investimento
O Parlamento aprobou nunha sesión extraordinaria o teito de gasto orzamentario en Galicia para 2022 de 11.571 millóns de euros. Só contou cos votos dos deputados do PPdeG, partido maioritario nesa cámara.
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, sinalou que ese límite de gasto permitiralle a Galicia "superar a pandemia, recuperar a economía e reforzar o benestar dos galegos" nun contexto aínda marcado pola crise derivada da propagación do coronavirus.
Os partidos de oposición, BNG e PSdeG, votaron en contra desa proposta porque consideran que é unha continuación das políticas de "austeridade e recortes" que non ven apropiadas para reactivar a economía galega.