CRTVG

Buscar

O Parlamento aproba crear unha Comisión de Estudo sobre Política Forestal

Publicado o 14/11/2017 21:56

O Parlamento de Galicia aprobou a creación dunha comisión de estudo sobre as políticas forestais. Os catro grupos sumáronse a esta iniciativa do Partido Popular, aínda que tamén os da oposición presentaron as súas. Todos pretenden analizar as posibles eivas na política forestal para tentar evitar episodios coma o de outubro. Os grupos teñen de prazo ata o luns para designar os membros desa comisión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017