CRTVG

Buscar

O Parlamento apoia os traballadores de R contra a deslocalización da compañía

Publicado o 02/10/2019 14:00
O Parlamento apoia os traballadores de R contra a deslocalización da compañía

O Parlamento de Galicia apoia as reivindicacións dos traballadores de R que prestan servizos na nosa comunidade ante unha posible deslocalización tras a venda a Euskaltel.

Na iniciativa presentada polo BNG pídese que os servizos de mantemento de rede e de atención ao cliente se sigan ofertando dende Galicia e que se manteña a posibilidade de ser atendidos en galego.

Tamén se insta a Xunta a que condicione os contratos subscritos con R a que abra unha mesa de negociación cos traballadores das empresas auxiliares que operan na nosa comunidade.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019