CRTVG

Buscar

O Parlamento apoia a continuidade de Ence na ría só cos votos do PP

Publicado o 10/04/2019 17:05

Sae adiante no Parlamento a proposta do Partido Popular de defender a continuidade de Ence na ría de Pontevedra. Os populares tamén piden o apoio aos máis de 5.000 traballadores afectados por esta decisión da Avogacía do Estado que podería comprometer a actividade da pasteira.

Todos os grupos da oposición votaron en contra. Piden que se busque outra localización para Ence e a rexeneración da ría. Durante este debate, máis dun cento de traballadores concentráronse ante o Parlamento pedindo a permanencia de Ence en Pontevedra e o mantemento dos postos de traballo.

As confrarías de pescadores defenden a continuidade da empresa

Desde a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Ría de Pontevedra negan que a pasteira supoña unha ameaza para a súa actividade. Afirman que Ence conta coa autorización ambiental integrada porque cumpre con todas as esixencias. Apuntan a que o problema de contaminación da ría é causa dunha depuración deficiente.

As confrarías da ría de Pontevedra salientan os investientos da compañía durante os últimos anos na mellora da súa eficiencia, en reducir o impacto ambiental e nos plans socias para a comarca.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019