CRTVG

Buscar

O Parlamento acorda reclamarlle ao Goberno e a Google Maps que respecte a toponimia galega

Publicado o 16/06/2017 19:29

A Xunta xa se dirixiu a Google para facer constar estes erros, e volverá facelo se continúa sen haber unha resposta

Todos os grupos do Parlamento de Galicia acordaron por unanimidade reclamarlle ao Goberno e a Google Maps que respecten a toponimia oficial galega.

Todo apunta a que o servizo de mapas de Google recolle nomes deturpados coma estes do Ministerio de Fomento. A Xunta xa se dirixiu a Google para facer constar estes erros, e volverá facelo se continúa sen haber unha resposta. No Parlamento, todos defenderon que a única forma oficial e legal dos nosos topónimos é a galega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/06/2017