CRTVG

Buscar

O Parlamento abrirá unha comisión de investigación pola morte do PAC da Estrada

Publicado o 14/09/2018 21:13

O Parlamento vai abrir unha comisión de investigación para analizar o sucedido coa morte dun home no PAC da Estrada. Os tres grupos da oposición uníronse para poñer en marcha este mecanismo, que pretende analizar tamén a atención prestada aos enfermos da hepatite C. BNG, PSdeG e En Marea entenden que a sanidade pública sufriu un deterioro nos últimos anos e un recorte de recursos e de persoal.

O PP recorda que a oposición pode abrir esa comisión grazas a unha reforma do Regulamento impulsada polos populares. Ademáis, esperan que sirva para desmontar as mentiras da oposición sobre a sanidade pública.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018