CRTVG

Buscar

O Parlament cambia de criterio e pide a reprobación do Rei

Publicado o 11/10/2018 21:23

O parlamento catalán reprobou esta tarde o Rei Filipe polo seu posicionamente no conflito de Cataluña, e aprobou unha resolución que pide abolir a monarquía.

Foi a iniciativa do grupo de En Comú Podem, e saiu adiante cos votos dos propios Comúns, de Junts per Cataluña e de Esquerra Republica, e coa abstención da CUP.
O Parlamento reproba o Rei xusto dous días despois de rexeitar unha resolución de Junts per Cataluña que perseguía o mesmo. Daquela os Comúns non lle deron o seu apoio porque a iniciativa reinvindicaba ademais a vía unilateral para a independencia, que non comparten.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018