CRTVG

Buscar

O Parlament desoe o Constitucional e aproba unha resolución sobre a autodeterminación

Publicado o 26/11/2019 19:02
O Parlament desoe o Constitucional e aproba unha resolución sobre a autodeterminación

O Parlament aprobou este martes, cos votos de  JxCat, ERC e a CUP, a polémica resolución que suspendeu parcialmente o Tribunal Constitucional polas referencias ao dereito á autodeterminación e á reprobación á monarquía, alusións recuperadas pola vía das emendas.

A resolución foi aprobada cos 68 votos de  JxCat, ERC e a  CUP, fronte aos 21 votos en contra do PSC e o PPC e as oito abstencións de Catalunya en Comú Podem, nunha votación en que se ausentaron os 36 deputados de Ciudadanos.

O TC suspendeu a tramitación dun fragmento do punto 11 da resolución conxunta das forzas independentistas, que expuña que o Parlament "reitera e reiterará, tantas veces como o queiran os deputados e as deputadas, a reprobación da monarquía, a defensa do dereito á autodeterminación e a reivindicación da soberanía do pobo de Cataluña para decidir o seu futuro político".

Ese fragmento quedou borrado da resolución que se votou no pleno, pero JxCat, ERC e a CUP aprobaron emendas que citan textualmente, a modo de recordatorio, a frase retirada polo TC e expresan o seu "rexeitamento" á suspensión parcial do texto.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí