CRTVG

Buscar

O Parlamemento Europeo denomina oficialmente Xibraltar como colonia británica

Publicado o 04/04/2019 20:04

Por primeira vez, a Unión Europea chama colonia a Xibraltar. Así aparece no regulamento que hoxe aprobou o Parlamento Europeo para eximir os británicos de visado unha vez abandonen a Unión. O cambio na denominación non terá efectos legais, pero para o Goberno supón unha vitoria diplomática que o ministro de Exteriores fixo extensiva aos eurodeputados de PP e Ciudadanos.

"Xibraltar é unha colonia da coroa británica". A frase aparece case perdida nun apéndice do novo regulamento europeo de visados. É a primeira vez que esa demoninación, colonia, se usa nun documento da Unión Europea referida á Rocha. O que o Reino Unido impediu durante 46 anos emerxe a 8 días dun posible brexit. Proba de que a diplomacia británica xa non ten peso nos corredores de Bruxelas é que o Parlamento Europeo aprobou o texto por 500 votos contra 80. O Goberno celebrao.

Josep Borrell, ministro de Asuntos Exteriore: "Xa o sabiamos, porque o dixera o Tribunal de Xustiza Europeo e as Nacións Unidas, pero agora o di o Parlamento Europeo. É o resultado dun traballo conxunto dos parlamentarios españois dos tres partidos nun tema que fai referencia á integridade territorial do país. Creo que hai que congratularse".

É unha vitoria diplomática e simbólica, pero sen efectos legais. O regulamento que a inclúe permitirá que, tras o brexit, os británicos entren na Unión Europea sen ter que pedir visado para estancias de menos de 90 días e sempre que Londres adopte unha medida recíproca para os cidadans comunitarios.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/04/2019