O Parador de Muxía volve recibir hóspedes despois de cinco meses
Publicado o 18/06/2021 12:29
Outro chanzo na desescalada é a reapertura de hoteis e paradores. O Parador de Muxía volve recibir hóspedes despois de cinco meses e para esta fin de semana hai lista de espera.
Pechou a principios de xaneiro debido ás limitación dos desprazamentos e polo remate da tempada. Aproveitouse esta paréntese para facer obras de acondicionamento das instalacións.
As reservas para o verán son altas. Para xulllo e agosto, a ocupación rozará o cen por cento.