CRTVG

Buscar

O parador de Muxía abrirá, previsiblemente, as súas portas este mesmo ano

Publicado o 29/01/2019 16:59

Poñer en valor o patrimonio artístico e cultural do país e ofrecer unha experiencia turística única é o que propoñen os establecementos que forman parte da marca Paradores. Expertos en patrimonio cultural e turismo analizan nun simposio, en Santiago, a historia, os obxectivos e os retos desta rede de aloxamentos singulares. Unha rede á que este ano se sumarán dous novos establecementos, un deles en Galicia. Trátase do parador de Muxía, na Costa da Morte, cuxas obras rematarán, previsiblemente no mes de xullo.

Óscar López, presidente de Paradores: "É un destino único, a épica que existe arredor deste lugar, a confluencia co Camiño de Santiago, un parador novo nun lugar espectacular...".

O ano pasado España recibiu a visita de 82 millóns de turistas, o que se traduce no 12 por cento do PIB do país. En 2019 Paradores prevé facturar preto de 260 millóns de euros, mantendo unha media anual de 4.000 empregos.

Noticias web

29/01/2019