CRTVG

Buscar

O papagaio Ravachol viste de feminismo en Pontevedra

Publicado o 04/03/2019 21:43

Un Entroido sen disfrace non é un Entroido, e en Pontevedra un entroido sen o papagaio Ravachol tampouco é un Entroido. Todos agardaban o día de hoxe para a súa volta e, sobre todo, para saber de que viría disfrazado. Pois ben, o segredo mellor gardado xa foi desvelado.

Había moita expectación, moita! E, coma cada ano, puntual polo Entroido, chegou ao ritmo da música e de todas las ganas dos pontevedreses. É a alma do Entroido na Boa Vila, que recorda que aínda queda moito Entroido por diante. Veu coa sorpresa e o motivo do seu disfrace.

Os máis dos asistentes estaban seguros de que non o faría e, efectivamente, o papagaio Ravachol non defraudou. Ataviado de cor lila de arriba abaixo vestiuse este ano de feminismo, de igualdade e de loita pola separación definitiva entre homes e mulleres. Reivindicativo á par que simpático, sempre pícaro e irreverente, burlón e satírico, o papagaio máis querido e famoso de Pontevedra sorprendeu coa súa inventiva.

Xa está presentado, xa está entre todos os pontevedreses e deixou ben claro que estará con todas as mulleres o vindeiro 8 de marzo.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2019