O papagaio Curro regresa á súa casa tras 11 días perdido
Publicado o 26/03/2021 14:41
Curro xa está na casa. O papagaio foi atopado a uns 10 km da súa casa comendo no alpendre dun veciño de Oza. O home recoñeceuno ao instante e tras capturalo púxose en contacto coa familia, que o recibiu con moitos agarimos. Despois de 10 días de angustia, a súa dona xa respira tranquila e feliz.