O Papa recibe a alta e regresa ao Vaticano
Publicado o 14/07/2021 16:21

O Papa regresou este mediodía ao Vaticano logo de recibir a alta no hospital de Roma onde foi sometido a unha operación de colon. O pontífice, de 84 anos, permaneceu ingresado dez días e os médicos recomendáronlle descansar durante todo este mes de xullo. O Papa non ten programadas nin audiencias nin reunións oficiais, aínda que si ten previsto celebrar o Angelus do domingo na palacio apostólico da praza de San Pedro.