CRTVG

Buscar

O Papa propón incluír un novo pecado no catecismo, o 'ecocidio'

Publicado o 18/11/2019 20:55

O Papa propón introducir o chamado ecocidio, ou pecado ecolóxico, no catecismo. Durante a súa participación nun Congreso en Roma, dixo que pode considerarse ecocidio a contaminación masiva do medio natural, a destrución a grande escala da flora e da fauna e todo tipo de accións que poidan provocar un desastre ecolóxico.

O papa Francisco afirmou que estes pecados non poden quedar impunes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019