O Papa pide desculpas por reprender a muller que o agarrou bruscamente
Publicado o 01/01/2020 18:02

O Papa aproveitou o rezo do Ángelus para improvisar unha desculpa polo xesto que tivo a pasada noite cunha freguesa que o agarrou de xeito brusco. Francisco recoñeceu que ás veces tamén perde a paciencia. O incidente produciuse a pasada noite cando saudaba os fregueses tras a misa de agradecemento polo ano que remataba. O Papa, enfadado, zafouse da muller que o agarraba golpeándoa coa man.