CRTVG

Buscar

O papa Francisco visita os Emiratos Árabes na que é a primeira viaxe dun pontífice á península arábiga

Publicado o 03/02/2019 13:53

O Papa participará nun encontro interrelixioso internacional sobre a "Irmandade humana" nos Emiratos Árabes, país que eloxiou por ser "modelo de convivencia entre culturas" e que celebra en este 2019 o ano da tolerancia.

A Santa Sé estableceu relacións diplomáticas cos Emiratos Árabes Unidos o 31 de maio de 2007, malia que o Islam é a relixión do Estado e a sharía a súa fonte de lexislación.

A comunidade cristiá dispón de libertade de culto e de promoción de obras educativas e de carácter social, aínda que ten prohibidas as manifestacións relixiosas, non islámicas, fóra das parroquias.

Noticias web

03/02/2019