CRTVG

Buscar

O Papa Francisco é o líder internacional mellor valorado polos españois

Publicado o 13/02/2020 21:27
O Papa Francisco é o líder internacional mellor valorado polos españois

É o esmagador resultado dunha enquisa realizada por Sigma Dos no 2019. O 71 % dos españois ten unha opinión favorable do Pontífice, unha valoración case idéntica á da enquisa do ano anterior. O segundo lugar ocúpao a chanceler alemá Angela Merkel, que, por segundo ano consecutivo, tamén repite. Obtivo un 61% de aprobación. A pequena distancia, cun 48% de opinións positivas, está Emmanuel Macron, que ocupa o terceiro posto. Neste caso dáse o paradoxo de que Macron é máis valorado en España que en Francia.














 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2020