CRTVG

Buscar

Bos días

O papa Francisco dixo que o Vaticano non recoñece movementos secesionistas

Publicado o 06/10/2017 09:34

O papa Francisco dixo que o Vaticano non recoñece movementos secesionistas ou de autodeterminación que non sexan resultado dunha descolonización, en referencia a Cataluña.

Segundo publica a revista 'Vida Nueva', foi o que lle dixo o Pontífice ao embaixador de España ante a Santa Sé, Gerardo Bugallo, o luns nunha conversa con motivo da presentación das súas cartas credenciais.

Nese encontro, o Papa manifestou o rexeitamento da Igrexa a toda actitude que non estea baseada no respecto á legalidade constituída e reiterou que o Vaticano non recoñece movementos secesionistas que non sexan resultantes dunha descolonización.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

06/10/2017