CRTVG

Buscar

O papa expresa a súa vergonza polos abusos na igrexa francesa

Publicado o 06/10/2021 22:19

O Papa expresou este mércores a súa vergonza tras coñecerse os abusos sexuais sufridos por uns 216.000 menores no seo da Igrexa francesa.

O pontífice tamén dixo sentir dor polas vítimas destes abusos que, segundo o informe feito público, se cometeron entre os anos 1950 e 2020.

Na súa audiencia xeral dos mércores, Francisco lamentou tamén que durante tanto tempo a Igrexa non fose capaz de poñer no centro das súas preocupacións ás vítimas.

 

Noticias web

06/10/2021