CRTVG

Buscar

O Papa cre que o 2021 será un bo ano se as persoas coidan unhas das outras

Publicado o 01/01/2021 16:50
O Papa cre que o 2021 será un bo ano se as persoas coidan unhas das outras

O papa Francisco pediu esta mañá paz, esperanza e concordia para este ano 2021. Fíxoo durante o rezo do Ánxelus. Francisco tamén fixo balance do ano que deixamos. Cre que esta pandemia debe ensinarnos a ter interese polos problemas dos demais e compartir as súas preocupacións.

Francisco apareceu en público logo de estar varios días con ciática e non poder presidir as misas de fin de ano e Aninovo.

Noticias web

01/01/2021