CRTVG

Buscar

O Papa convoca todas as conferencias episcopais para abordar os abusos na Igrexa

Publicado o 14/09/2018 08:34

O Papa aceptou a renuncia do bispo estadounidense acusado de abusos a menores cando estaba á fronte da diocese de Filadelfia. Precisamente, hoxe Francisco reuniuse coa cúpula episcopal dos Estados Unidos. Unha xuntanza que chega un mes despois de coñecerse que en Pensilvania 300 sacerdotes abusaron de máis de 1.000 nenos durante sete décadas. Para febreiro o Papa convoca os presidentes de todas as conferencias episcopais para tratar os abusos sexuais na Igrexa. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018