CRTVG

Buscar

O papa avoga por un salario universal e pola redución da xornada laboral

Publicado o 16/10/2021 20:12
O papa avoga por un salario universal e pola redución da xornada laboral

O papa Francisco asegura que é necesario un salario universal para "acceder aos bens máis elementais da vida" e avoga pola redución da xornada laboral, como una medida para lograr un acceso maior de todos ao traballo.

Tamén esixe a liberación das patentes das vacinas contra a covid-19. Francisco, nunha alocución  con motivo do IV Encontro Mundial de Movementos Populares, asegurou que "o sistema, coa súa lóxica implacable da ganancia, escapa a todo domino humano. É hora de frear a locomotora, unha locomotora descontrolada que non está levando ao abismo. Aínda estamos a tempo", di o pontífice.

Salienta o Papa a necesidade de mudar o actual sistema socioeconómico e pídellles a gobernos, políticos, empresas e líderes relixiosos que axuden neste obxectivo.

Sobre a liberación de patentes das vacinas contra a covid fixo un chamamento ás farmacéuticas para que cheguen aos pobres e sinala que nalgúns países só o 3-4 % da poboación está vacinada.