CRTVG

Buscar

A nova norma do pan contempla modificacións de prezos, ampliando a categoría de "pan común"

Publicado o 28/06/2019 15:06

É un imprescindible na nosa alimentación. Había 35 anos que non se actualizaba, pero dende o 1 de xullo o pan estará regulado por unha nova normativa. Entre as novidades, a redefinición de tipoloxías como "pan elaborado con masa nai" ou "pan integral".

Alberto Neira, propietario dunha panadería, explica que o pan integral ten que levar fariña integral e grao enteiro. 

A nova norma contempla tamén modificacións en canto aos prezos, ampliando a categoría de "pan común". Así, pan máis beneficioso para a saúde como o integral ou os elaborados con cereais distintos ao trigo verán reducido o seu IVE do 10 ao 4 por cento.

"Non se pode considerar de luxo un pan integral, que ademáis é máis saudable. Por iso, ten sentido o cambio de IVE para popularizar os pans que antes eran máis elitistas", explica Alberto Neira.

Tamén se fixan uns criterios que limitan o uso do termo artesán, deixando fóra o pan de fabricación industrial. E inclúese un límite máximo á cantidade de sal, para fomentar a alimentación saudable, aínda que esta medida non entrará en vigor ata o abril de 2022.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2019