CRTVG

Buscar

O País Vasco marca as temperaturas máis altas de España

Publicado o 26/06/2019 21:42

O País Vasco rexistrou este mércores as temperaturas máis altas. Ata 41 graos a primeira hora da tarde, que só os de Bilbao soportaban con enteireza.

"Eu adáptome a calquera tempo" ou "só hai que buscar unha sombra", din os veciños.

As prazas convertéronse en piscinas improvisadas e as praias ateigáronse. Fontes e abanos cotizaron á alza, case tanto como un lugar á sombra.

O mesmo se vivía en Zaragoza, onde os termómetros non baixaron dos 30 graos. Os zaragozanos din que prefiren saír de casa contra a noite para evitar a calor e hai quen se consola asegurando que en Madrid é peor.

Tiña razón. Madrid, ás 8 da tarde, quecía baixo os 37 graos. A temperatura foi subindo ao longo da xornada, e con ela, as precaucións.

"Uso camisetas de manga máis longa e lentes de sol", din estas veciñas.

Son tres exemplos do que este mércores se viviu en case toda España. Só Asturias e Galicia se salvan. E o peor está por chegar. As temperaturas continuarán subindo este xoves, especialmente no leste e no centro da península.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019