CRTVG

Buscar

O pai de Diana Quer insiste en pedir prisión permanente revisable para José Enrique Abuín

Publicado o 21/08/2019 09:10

Este mércores é o aniversario da desaparición de Diana Quer. Cando faltan dous meses para que o asasino da moza madrileña compareza no xulgado polo crime, o pai da vítima volve usar as redes sociais para manter viva a súa memoria. 

Nun comunicado nas redes sociais á adolescente madrileña, que estrearía a maioría de idade, Juan Carlos Quer envíalle "bicos ao ceo" da súa nai, da súa irmá Valeria e del mesmo, así como "de millóns de españois de ben" e faille saber que o seu recordo permanecerá sempre vivo neses corazóns.

O pai da moza madrileña volve usar as redes sociais para esixir que non se derrogue a prisión permanente revisable. E faino cun chamamento ao presidente do Goberno en funcións.

O pasado 21 de marzo, o pai de Diana Quer entregou máis de 3 millóns de sinaturas no Congreso para evitar a derrogación da lei. O vindeiro 29 de outubro, José Enrique Abuín sentará no banco dos acusados para responder por este crime.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019