CRTVG

Buscar

O pai do opositor venezolano Leopoldo López irá na lista do PP ás eleccións europeas

Publicado o 25/04/2019 21:23

O Partido Popular ficha o pai do líder opositor venezolano Leopoldo López para a súa lista ás eleccións europeas.

O pai de Leopoldo López, na lista do PP, de número doce, o lugar que ata agora ocupaba o ex-ministro Juan Ignacio Zoido, que pasa á cuarta posición en substitución de Ángel Garrido.

Os populares tiveron que modificar a súa candidatura tras a marcha de Garrido a Ciudadanos. 

Din que a fichaxe de Leopoldo López Gil, ata agora moi vinculado á formación de Albert Rivera, é unha aposta para defender a liberdade de Venezuela desde Europa.

Leopoldo López, candidato do PP para as eleccións europeas: "Acepto esta responsabilidade con moita humildade, pero con moita certeza de que lles vou servir a todos os españois".


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/04/2019