CRTVG

Buscar

O pai do bebé que naceu de urxencia no hospital de Verín estuda tomar accións legais

Publicado o 13/12/2019 08:39
O pai do bebé que naceu de urxencia no hospital de Verín estuda tomar accións legais

O hospital de Verín atendeu un parto de urxencia, 12 días despois de pechar o servicio de partos.
Aínda que o nacemento foi ben e sen complicacións, decidiuse trasladar o cativo e mais a nai, separados, ao Hospital de Ourense, para continuar cos protocolos. O pai do bebé cualificou os feitos de surrealistas e estuda, cos seus avogados, se tomar algún tipo de medida. Denuncia que, pasaron minutos do nacemento, cando o bebé foi trasladado ao CHOU.

Horas máis tarde levaron a nai que, segundo o relato do seu marido, tivo que esperar dúas horas nunha cadeira de rodas con puntos de sutura e un desgarro. O parto produciuse en Verín pola decisión do xefe de xinecoloxía do hospital comarcal, ante a posibilidade de que a muller dese a luz na viaxe ata Ourense. Foi un pediadra de garda o que se trasladou ata Verín para velar pola saúde do bebé.






 

Noticias web

13/12/2019