CRTVG

Buscar

O pai de Yago de la Puente mantén viva a busca de seu fillo cunha campaña nas redes

Publicado o 18/05/2020 14:15

O xoves pasado fixéronse 10 meses sen novas de Iago de la Puente. Este mozo coruñes de 28 anos asistira ao Festival de Ortigueira. Para volver a casa colleu un tren ata Cerdido e nesa estación perdeselle a pista. O último que se soubo é que lle preguntou ao maquinista cómo podía regresar desde ali á Coruña. No treito de 2 quilómetros desde a estación ata a parada do autobús evaporouse o seu rastro. A pesar dos esforzos e medios dedicados á busca, 10 meses despois está en punto morto por falta de probas.

José Manuel de la Puente, pai de Yago de la Puente: "Eu creo que se fixo un esforzo moi grande por parte da Unidade de Investigación. Está queimado a partir do dia 10 de decembro que se peiteou a zona de maneira bastante exhaustiva, e a primeiros de marzo que viñeron 3 cans especialmente en busca de restos na zona arredor da estación de Cerdido, difícil, que era a posibilidade de que estivera por alí, entón agora é moi complicado".

Pero familia e amigos non se dan por vencidos. Dai que seu pai, Jose Manuel, se lle ocurrira compartir en redes sociais os seus paseos de desconfinamento, primeiro en homenaxe aos corpos de seguridade e a todos cantos levan participado na busca de Iago e tamén na procura de difusión por se alguén pode aportar ainda algunha pista sobre o seu paradoiro.

José Manuel de la Puente, pai de Yago de la Puente: "E a partir de aí pois dixen por que non volvo e en vez de ser só unha homenaxe a todas esas persoas que axudaron, pois isto poida servir para ver se alguen di algo sobre Iago, onde pode estar ou que pasou, ou el mesmo se está nalgún sitio, que diga 'estou aquí' e punto".

Moitos amigos estanse sumando á iniciativa, compartindo os seus paseos cos cancelos da busca de Iago para darlle maior difusión.

Noticias web

18/05/2020