O pai da pequena Desirée pedirá a prision permanente revisable para a nai e presunta autora do crime
O vindeiro 3 de maio fará dous anos do crime da pequena Desirée Leal e a instrución do caso está a piques de rematar. Desde aquel día, José Manuel Leal, o pai, non se separa da foto da súa "Princesiña Desirée", e o motor da súa vida é lograr que se lle faga xustiza. Pero cre que na investigación inicial se cometeron moitos erros como non rexistrar a fondo a que el chama a "casa do terror", o domicilio materno onde apareceu morta, o que deixou moitos interrogantes.
Está convencido de que se borraron probas no escenario do crime, por iso esixe unha reconstrución dos feitos.
A nai da nena, e presunta autora do crime permanece en prisión preventiva, pero antes estivo ingresada na unidade de psiquiatría do hospital. Desde a acusación critican que tivera privilexios e puidera comunciarse con terceiras persoas para artellar a sua estatexia de defensa que se baseará en que tiña as facultades mentais alteradas. Desde a acusación intentarán demostrar que non era asi, que foi un crime premeditado e pedirán a pena maxima.
Un dos datos que lles indica que puido ser premeditado é que en dias anteriores a presunta asasina buscou en Internet velenos. Por iso esixen ter acceso a toda a información dos dispositivos dixitais da investigada.