CRTVG

Buscar

O pai a as irmás do presunto asasino de Laura Luelmo declarán no xuízo como testemuños

Publicado o 07/02/2019 16:01

O pai e dúas irmás de Bernardo Montoya, asasino confeso da moza zamorana Laura Luelmo, declararon esta mañá como testemuñas diante da xuíza que instrúe o caso na localidade onubense de Valverde del Camino.
Estas probas testificais prodúcense a mesma semana en que Montoya modificou a súa versión sobre o crime para declararse inocente e culpar unha ex-parella que coñeceu no cárcere.

Aínda que no seu día xa foran interrogados pola Garda Civil, o pai e dúas das irmás de Bernardo Montoya, asasino confeso de Laura Luelmo, acudiron aos xulgados para declarar como testemuñas.
Manuel, o pai, reiterou que viu o seu fillo a primeiras horas da tarde na que Laura desapareceu e que non volveu saber del ata que soubo da súa detención pola prensa.
Explicou que a casa na que vívía a profesora zamorana foi súa ata que hai tres anos lla vendeu á compañeira que posteriormente lla alugou a Laura.
Asegurou que Bernardo nunca lle falou da moza asasinada.
As dúas irmás tamén mantiveron o declarado diante da Garda Civil.
As tres declaracións prodúcense a mesma semana que o asasino confeso de Laura Luelmo modificou a súa primeira versión sobre o crime e culpa agora do mesmo a unha ex-parella súa que coñeceu en prisión.



 

Noticias web

07/02/2019