CRTVG

Buscar

O pago dos alugueiros fai perigar o pequeno comercio galego

Publicado o 17/04/2020 21:09

Durante a crise económica pecharon comercios case todos os días. Agora, coa gran maioría dos negocios coa actividade paralizada polo estado de alarma, a situación volve complicarse.  "No caso da afectación máis directa, estímase por estatísticas do propio INE que hai uns 50.000 locais de pequeno comercio e uns 20.000 locais de hostalería que están directamente afectados polo peche", di Carlos Tomé, avogado do bufete Caruncho, Tomé & Judel.

O estado de alarma pon nunha situación moi difícil os propietarios e inquilinos duns 15.000 locais en Galicia. A ameaza do peche definitivo é unha realidade. Polo momento, só se pode recorrer á boa fe entre as partes. Pero en ocasións non é viable. Será entón cando entre a xustiza. "Conseguir unha modificación parcial das condicións do contrato para obter un reequilibrio das posicións das partes, xa que hai unha das partes que non pode utilizar o local e outra que segue cobrando a renda. Esa vía só se pode aplicar a través dos xulgados e tribunais", asegura Tomé.

Enfrontarse á vía xudicial, que pode derivar en anos de litixio, non beneficia ningunha das partes. "O máis recomedable a día de hoxe sería iniciar unha vía de negociación entre arrendador e arrendatario para conseguir unha condonación total ou parcial da renda", comenta o avogado. 

A hostalería é o sector máis afectado.

Noticias web

17/04/2020