CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O padexeiro Roi Rodríguez, dobre medallista nos mundiais Sub 23

Publicado o 27/07/2015 15:17
Á marxe do fútbol, o home do día é o padexeiro galego Roi Rodríguez; que retornou do Mundial Sub 23 con dúas medallas de ouro. Roi pasou de ser unha firme promesa do Kayak Tudense, a conveterse xa en toda unha realidade. Un campión..coas ideas moi claras.






A primeira medalla de ouro logrouna no K-1 1.000 metros e a segunda na mesma distancia, formando parte do K-4, tras unha emocionante regata en que España bateu a Hungría por só 40 centésimas. Todo un éxito para o padexeiro do Kayak Tudense que se sente igual de orgulloso polos dous títulos mundiais sub-23.



A vitoria no K-4 foi tan axustada que eles mesmos tiñan a dúbida de se eran os gañadores.


No mundial de Milán Roi Rodríguez só poderá participar en distancia non olímpica, no K-1 cinco centos metros polo que non poderá loitar este ano por unha praza para as olimpíadas do Río.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí