CRTVG

Buscar

O pacto social pola vivenda prevé beneficiar 70.000 familias galegas

Publicado o 20/01/2021 14:56

A Xunta asinou con construtores, inmobiliarias, arquitectos, usuarios, cooperativas, administradores de fincas, aparelladores e concellos un pacto social pola vivenda ata 2025 para facilitarlle á xuventude o acceso á vivenda e para o equilibrio territorial de Galicia.

"Son medidas innovadoras que van chegar á 70.000 familias e que van supoñen un investimento directo da comunidade de 433 millóns de euros que van mobilizar máis de mil millóns de euros", explicou Alberto Núñez Feijóo.

O pacto ha permitir manter 30.000 empregos no sector da construción, segundo o presidente da Xunta. Contempla axudas de ata 20.000 euros para a compra de vivenda a mozos e familias de rendas baixas, adapta a vivenda protexida á rendibilidade mínima dos promotores, axuda ao alugueiro con dereito a compra aos menores de 35 anos e a Xunta asume durante dez anos o arrendo de vivendas determinadas vivendas baleiras, incluidos impagos e reparacións. As axudas á rehabilitación aumentan o 25 %.

Noticias web

20/01/2021